a nosa

COMPAÑÍA

Xavier Castiñeira

Director de escena

Licenciado en Dirección de Escena pola RESAD de Madrid. Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas pola Universidade de Vigo, e Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC.

Forma parte da Academia Galega do Teatro.
 
Desde os seus inicios no mundo do teatro compaxinou o seu labor creativo coa docente, sendo agora parte do corpo de profesores e profesoras da ESAD de Galicia.
 
Cofundado da compañía teatral ButacaZero con Esther F. Carrodeguas.
 
Dirixiu unha vintena de obras de teatro, entre elas case todas as de ButacaZero e tamén para compañías como Goliardos, Mairiztz, A Escola de Música Creativa, Barrosanta ou De Ste Xeito.
 
Actualmente está a preparar unha coprodución de ButacaZero e o Centro Dramático Nacional.
 
Completa o seu traballo escénico coa investigación na súa tese sobre un novo modelo de recepción para a creación das postas en escena en base aos principios da neurobioloxía.

Esther F. Carrodeguas

Dramaturga e actriz

Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia, Licenciada en Xornalismo entre Compostela e Torino e Técnico Superior en Imaxe (EIS A Coruña), esta rianxeira de pura raza cabalga sobre os límites que separan os xéneros, sendo moitos dos seus textos difíciles de clasificar.
 
Cunha decena de obras teatrais publicadas, os seus textos foron estreados tanto na súa propia plataforma como noutras compañías tanto privadas (De Ste Xeito, Outubro Producións) como públicas (Centro Dramático Galego, Teatro Español ou Centro Dramático Nacional).

Nomeada en 3 ocasións aos Premios María Casares de teatro como mellor autora e galardoada co Premio Abrente e o Barriga Verde, a súa última peza, Supernormales, estreada polo CDN e encomiada por público e crítica, é na actualidade candidata aos MAX a Mellor Autoría.

| Traxedia cómica | Comedia tráxica Ironía. Crítica. Reflexión | Eclecticismo nas formas Esixencia no fondo |

Só queremos deixarche cos ollos abertos

Como permanecemos nós

Para mirar o mundo

Ao noso redor

ButacaZero

Compromiso co aquí, co agora | Compromiso con el aquí, con el ahora | Committed to here and now

[GAL]ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propoñen un teatro que dialoga coa actualidade dende unha mirada crítica e irónica.

ButacaZero popularizouse en Galicia no ano 2016 grazas á estrea de Voaxa e Carmín na Mostra Internacional Ribadavia e desde entón investigaron o esquecemento con na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], a identidade galega con #camiños  (en coprodución co CDG), a vida de María Casares con Despois  das ondas, a vida confinada con 32m2, a violencia machista coa ópera Papagena e a gordofobia con O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, estreada en 2023 no Teatro del Barrio.

Coas súas obras estiveron en case todos os teatros e festivais de Galicia, dende a MIT ao FITO pasando pola Mostra de CEE, a Internacional de Teatro cómico e festivo de Cangas e o novísimo festival de teatro contemporáneo USCénica.

As súas montaxes foron candidatas numerosas veces nos Premios María Casares de Teatro, conseguindo non poucos galardóns. Tamén foron candidatos aos Premios Max nas dúas últimas ocasións (como mellor espectáculo musical ou lírico e mellor labor de produción)

No 2023 dan un paso adiante apostando por un novo modelo de xestión creativa expandida e transmedia, produto da cal nace IRIBARNE en coprodución co Centro Dramático Nacional. Unha nova etapa ButacaZero con moito máis risco tanto empresarial como político e por suposto: artístico.

[CAST] ButacaZero es la plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas y Xavier Castiñeira, que proponen un teatro que dialoga con la actualidad desde una mirada crítica e irónica.

ButacaZero se popularizó en Galicia en el año 2016 gracias al estreno de Voaxa e Carmín (Las dos en punto) en la Mostra Internacional Ribadavia y desde entonces han investigado el olvido con na butaca [fantasía nº3 en Dolor Mayor], la identidad gallega con #caminos (en coproducción con el CDG), la vida de María Casares con Despois das ondas, la vida confinada con 32m2. la violencia machista con la ópera Papagena y la gordofobia con Lo único que verdaderamente quise toda la vida es ser delgada, estrenada en Teatro del Barrio.

Con sus obras han estado en casi todos los teatros y festivales de Galicia, desde la MIT al FITO pasando por la Mostra de CEE, la Internacional de Teatro cómico y festivo de Cangas y el novísimo festival USCénica.

Sus montajes han sido nominados y premiados numerosas veces en los Premios María Casares de Teatro (que premian el talento gallego) y también han sido candidatos a los Premios Max en las dos últimas ocasiones (como mejor espectáculo musical o lírico y mejor labor de producción)

En 2023 dan un paso adelante apostando por un nuevo modelo de gestión creativa expandida y transmedia, producto de la cual nace IRIBARNE, en coproducción con el Centro Dramático Nacional. Una nueva etapa ButacaZero con mucho más riesgo tanto empresarial como político y por supuesto: artístico.

[ENG] ButacaZero is the creative platform of Esther F. Carrodeguas and Xavier Castiñeira, who propose a theatre that dialogues with current events from a critical and ironic perspective.

ButacaZero became popular in Galicia in 2016 thanks to the premiere of Voaxa e Carmín (Dust and Carmin) at the Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia and since then they have investigated oblivion with na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior] (in the armchair); the galician identity with #camiños (#ways), in co-production with the Galician Dramatic Center CDG; the life of María Casares with Despois das ondas (Trough the waves), the confined life with 32m2; sexist violence with the opera Papagena and fatphobia with The only thing I really wanted all my life is to be thin, recently premiered at Teatro del Barrio (Madrid).

With their works they have been in almost all the theaters and festivals in Galicia, from the MIT to the FITO through the Mostra de CEE, the International Comic and Festive Theater of Cangas and the brand new USCénica festival.

His productions have been nominated and awarded numerous times at the María Casares Theater Awards (which reward Galician talent) and have also been nominated for the Max Awards on the last two occasions (for best musical or lyrical show and best work of production)

With this project they are committed to a new model of expanded and transmedia creative management, the result of which IRIBARNE was born, in co-production with the National Dramatic Center. A new stage for ButacaZero with much more risk, both business and political and, of course: artistic.