Estrea 12 outubro / Estreno 12 octubre / Premier on october 12

IRIBARNE

[GAL] IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.

IRIBARNE é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!
Iribarne

[ES] IRIBARNE es un tipo nacido en el mismísimo pueblo de Rouco Varela (sí: el cardenal) durante la Monarquía de Alfonso XIII (¿el primer promotor del cine porno en España?, sí-sí: ese). Emigrado a Cuba con tan solo un añito, coincidiendo con la inauguración de la dictadura de Primo de Rivera, tras hacer las américas durante un par de años nuestro protagonista vuelve triunfante para ser el hijo del alcalde (¡y el de la francesa!). Empieza el bachiller con la entrada de la II República, casi-casi se hace cura durante la Guerra Civil pero decide pirarse a Madrid siguiendo el rastro de otro gallego ilustre nada más inaugurada la Era del Susodicho (sí, claro: El Caudillísimo). Con tanto ahínco intentó ser como él que más pronto que tarde llegó a ser su Ministro, a pesar de haber disparado dos días antes contra el culo de su hija (¿¡pero qué dices!? Sí-sí: ¡dato real!). Habiendo sido el primer y mejor opositor de España, quiso sustituir al Caudillo cuando este murió. No pudo ser: no iba por oposición. Tuvo que conformarse con el cargo de Virrey en su querida Terra Galega.

IRIBARNE es un intento (irreverente) por comprender cómo hemos llegado hasta aquí caminando de la mano de uno de esos personajes secundarios -pero increíblemente imprescindibles- de la Hermosísima Historia de Esta España Mía (Esta España Nuestra). De esta España Viva, de Esta España Muerta.

Pero cuidado: por más que lo pueda parecer, esto NO es un biopic sobre Manuel Fraga. Nos hubiese encantado hacerlo, pero es que no cabía en una sola obra!!

EN ESCENA | MÓNICA GARCÍA, XURXO CORTÁZAR, ANXO OUTUMURO, LIDIA VEIGA, JORGE DE ARCOS, E ESTHER F. CARRODEGUAS

COREOGRAFÍA e AX. DIRECCIÓN | SABELA DOMÍNGUEZ

2º AXTE. DIRECCIÓN | ANTONIO CASTRO

ESPAZO SONORO e TEMAZOS |BERTO

ESPAZO ESCÉNICO | XAVIER CASTIÑEIRA E DIEGO VALEIRAS

VESTIARIO | DIEGO VALEIRAS

ILUMINACIÓN | DIEGO VILAR – EQUIPO CREATIVO RTA

AUDIOVISUAIS | PABLO FONTENLA

ASISTENCIA TÉCNICA |RTA – RECURSOS TÉCNICOS ARTÍSITICOS

TEXTO | ESTHER F. CARRODEGUAS

DIRECCIÓN | XAVIER CASTIÑEIRA

PRODUCIÓN | JUANCHO GIANZO

ENTREVISTAS | INMA LÓPEZ SILVA, PABLO FONTENLA

COMUNICACIÓN | EQUIPO SOPA, THE OFFICE

DISTRIBUCIÓN | GALICIA: ButacaZero – ESPAÑA: Rocío Pindado (Portal 71) – 635708999 – rociopindado@portal71.com – portal71.com

 

Unha produción ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia.

[GAL] Para traballar na escritura desta peza a autora desfrutou dun intercambio coa compañía Hika Teatroa, dentro do programa Cruces de Camiño Escena Norte, dunha Residencia Mariñán da Deputación de A Coruña e Axóuxere Editora e dunha residencia de escritura na Sala Beckett no año 2023

[CAST] Para trabajar en la escritura de esta pieza la autora disfrutó de un intercambio con la compañía Hika Teatroa, dentro del programa Cruces de Camino Escena Norte, de una Residencia Mariñán de la Deputación de A Coruña y Axóuxere Editora y de una residencia de escritura en la Sala Beckett en el año 2023