[GAL] A nova estrea de ButacaZero nace como fonda homenaxe a Manuel Lourenzo, finado o pasado ano. Mestre e mentor de Xavier Castiñeira (e de tantas outras persoas que conforman o teatro galego profesional na actualidade), a súa palabra, a súa mirada e o seu compromiso coa escena seguen vivos en cada unha das nosas creacións e continúan así iluminando o camiño de novas xeracións.
A Velada de Londres mergúllanos na súa visión sobre o universo de Drácula, unha das súas obsesións creativas. Nela imaxina unha escena tras o primeiro capítulo da novela de Bram Stocker, cando Jonathan Harker coñece ao Conde en Transilvania. No retorno a Londres xunto á súa muller Mina, Jonathan revive obsesivamente aquela experiencia, e a súa relación esborrállase entre o desexo, o medo e a fascinación.
A presenza en escena de Esperanza Mara, chelista e soprano, farán que o público poida disfrutar dunha velada teatral, pero tamén musical.
A representación completarase cunha pequena exposición dedicada á vida, obra e legado de Manuel Lourenzo. Un convite a descubrir e celebrar a memoria dun creador que deixou unha pegada imborrable no teatro galego.