En xira / En gira / On tour

ENTRE PALAV·BRAS

[GAL] Entre Palav·bras son dúas pequenas pezas escénicas nas que ButacaZero e TEatro Ensaio cruzan o seus equipos para a xestación dun experimento escénico transnacional. Formalmente componse de dous monólogos: ‘Fracturas’, escrito e dirixido por Pedro Estorninho, que interpretará Pepa Barreiro, e ‘Ergue o cu’, escrito por Esther F. Carrodeguas con dirección de Xavier Castiñeira, que interpretará Inês Leite.
Entre Palav·bras é un proxecto de investigación que pretende afondar sobre o impacto que o teatro ten nas mudanzas sociais e civilizacionais, comprendendo o teatro como territorio. Pero sobre todo é un diálogo entre dúas plataformas de produción teatral unidas pola paixón polo teatro político pero separadas por unha fronteira tan imaxinaria como real, a que separa Galiza de Portugal.

Sinopse ‘Fracturas’: Unha muller escondida nun búnker, perdéndose e encontrándose consigo, coas súas memorias, coas súas mortes, co seu propio tempo no cárcere. Confróntase coa máis dura tarefa, non perder as palabras, non lles perder o nome. Non ficar no eterno limbo do vacío.

Sinopse ‘Ergue o cu’: Como sobreviven as vellas ideas nos novos tempos? Cal é o camiño da utopía no século XXI? De qué serve o teatro no mundo da IA? Neste MANIFESTO ROCKEIRO POLÍTICO ButacaZero pregúntase a sí mesma que é e para que serve o teatro político, nun artefacto teatral directo (pero poético) de mobilización individual (pero colectiva). Un acto de incertezas e contradicións entre as ideas e as realidades, entre o desexo e a realidade, entre a acción… e a realidade. Unha pílula escénica que nos convida a reflexionar sobre o compromiso que nos une a nós mesmas facéndonos entrar no teatro para sentar… e ERGUER O CU.

FOTO 2 fracturas

[CAST] EntrePalav·bras son dos pequeñas piezas escénicas en las que ButacaZero y Teatro Ensayo cruzan sus equipos para la gestación de un experimento escénico trasnacional. Formalmente se componen de dos monólogos: ‘Fracturas’, escrito y dirigido por Pedro Estorninho, que interpretará Pepa Barreiro, y ‘Ergue o cu’, escrito por Esther F. Carrodeguas con dirección de Xavier Castiñeira, que interpretará Inês Leite.
EntrePalav·bras es un proyecto de investigación que pretende ahondar sobre el impacto que el teatro tiene en los cambios sociales y de civilización, comprendiendo el teatro como territorio. Pero sobre todo es un diálogo entre dos plataformas de producción teatral unidas por la pasión por el teatro político pero separadas por una frontera tan imaginaria como real, la que separa Galicia de Portugal.

Sinopsis ‘Fracturas’: Una mujer escondida en un búnker, perdiéndose y encontrándose consigo, con sus memorias, con suss muertes, con su propio tiempo en la cárcel. Se confronta con la tarea más dura, no perder las palabras, no perderles el nombre. No quedar en el eterno limbo del vacío.

Sinopsis ‘Ergue o cu’: ¿Cómo sobreviven las viejas ideas en los nuevos tiempos? ¿Cuál es el camino de la utopía en el siglo XXI? ¿De qué sirve el teatro en el mundo de la IA? En este MANIFIESTO ROCKERO POLÍTICO ButacaZero se pregunta a sí misma qué es y para qué sirve el teatro político, en un artefacto teatral directo (pero poético) de movilización individual (pero colectiva). Un acto de incertezas y contradicciones entre las ideas y las realidades, entre el deseo y la realidad, entre la acción… y la realidad. Una píldora escénica que nos invita a reflexionar sobre el compromiso que nos une a nosotras mismas haciéndonos entrar en el teatro para sentar… y ERGUER O CU.

Ficha Artística primeira peza «FRACTURAS»:

TEXTO E ESCENAÇAO / TEXTO E DIRECCIÓN | Pedro Estorninho
INTERPRETAÇAO / INTERPRETACIÓN | Pepa Barreiro
DESENHO DE LUZ E OPERAÇAO TÉCNICA / DESEÑO DE LUZ E TÉCNICA | Beatriz de Vega
FIGURINOS E ESPAÇO CÉNICO / DESEÑO DE VESTIARIO E ESPAZO ESCÉNICO | Cova F. Carrodeguas
DIREÇAO DE PRODUÇAO / DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN | Esther F. Carrodeguas
PRODUÇAO EXECUTIVA / PRODUCIÓN EXECUTIVA | Rubén Capelán

Ficha Artística segunda peza «ERGUE O CU»:

TEXTO ORIGINAL / TEXTO ORIXINAL | Esther F. Carrodeguas
ESCENAÇAO E ADAPTAÇAO DRAMATÚRGICA / DIRECCIÓN E DRAMATURXIA| Xavier Castiñeira
INTÉRPRETAÇAO / INTERPRETACIÓN | Inês Leite
COMPOSIÇAO E INTERPRETAÇAO MUSICAL / COMPOSICIÓN E INTERPRETACIÓN MUSICAL | Eduardo Baltar Soares
DESENHO DE LUZ, SON, VÍDEO E OPERAÇAO / DESEÑO DE LUZ, SON, VÍDEO E TÉCNICA | Hugo Valter Moutinho
FIGURINOS / DESEÑO DE VESTIARIO | Inês Galveias
DIREÇAO DE PRODUÇAO / DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN | Inês Leite, Pedro Estorninho
PRODUÇAO EXECUTIVA / PRODUCIÓN EXECUTIVA | Pedro Ferreira

Proxecto ENTRE PALAV·BRAS:

COMUNICAÇAO EN PORTUGAL E FOTOGRAFÍA DE CENA | Pedro Ferreira
COMUNICACIÓN NA GALIZA | Rubén Capelán
DESIGN GRÁFICO / DESEÑO GRÁFICO | Augusto Pires

Uma coprodução:  ButacaZero | TEatroensaio

Apoios | Parcerias ButacaZero: Coprodución ButacaZero-Centro Dramático Galego, co apoio da AGADIC – Xunta de Galicia.
O texto Ergue o cu foi escrito en residencia en Teatro del Barrio.
O TEatroensaio é uma estrutura financiada pelo Governo de Portugal Cultura / Direção Geral das Artes
Apoios | Parcerias TEatroensaio: CM Arraiolos, Tuna Musical de Santa Marinha, Moagem CERES S. A./ AJHLP / APELGA / Makeup Design