[GAL] Mario é un rapaz nacido na comarca do Ribeiro dos anos 50. Mais a aldea non parece un lugar demasiado apropiado para el. Non lle gusta vendimar nin mocear e non lle prestan os xogos dos adolescentes. E menos aínda pensa seguir os ditados do pai, que van en contra da súa natureza interior. Mario escapa da aldea para instalarse no Vigo industrial dos 70, buscando na cidade un lugar ideal para ser el mesmo. Pero non resulta tan sinxelo de atopar. Os aforros pouco duran, e será difícil sobrevivir nesa nova hostilidade, se non fose pola aparición dunha fada madriña: Dorín. Ela, coma el, naceu sendo un rapaz galego, pero chegou a ser unha grande artista en París. Agora actúa na Riomar de Samil e vive no Abanico, onde Mario axudará a limpar, planchar, estudará contabilidade e comezará a dubidar…mesmo do seu nome.
[CAST] Mario es un chico nacido en la comarca del Ribeiro de los años 50. Pero la aldea no parece un lugar demasiado apropiado para él. No le gusta vendimiar ni mocear y no le prestan los juegos de los adolescentes. Y menos aún piensa seguir los dictados del padre, que van en contra de su naturaleza interior. Mario escapa de la aldea para instalarse en el Vigo industrial de los 70, buscando en la ciudad un lugar ideal para ser él mismo. Pero no resulta tan sencillo de encontrar. Los ahorros poco duran, y será difícil sobrevivir en esa nueva hostilidad, si no fuera por la aparición de una hada madrina: Dorín. Ella, como él, nació siendo un chico gallego, pero llegó a ser una grande artista en París. Ahora actúa en la Riomar de Samil y vive en el Abanico, donde Mario ayudará a limpiar, planchar, estudiará contabilidad y comenzará a dudar… incluso de su nombre.
ELENCO | Anxo Outumuro e Dani Lago
TEXTO | Carolina Román
TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN DO TEXTO | Roberto Pascual
DIRECCIÓN | Xavier Castiñeira
AXUDANTE DE DIRECCIÓN | Nuria Gullón
ILUMINACIÓN | Violeta Martínez
ESPAZO SONORO | Xavier Bértolo
COREOGRAFÍA | Stephy Llaryora
ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO | Juan Bas
PRODUCIÓN | Anxo Outumuro e Esther F. Carrodeguas
Unha produción de Barrosanta en coprodución con ButacaZero e subvencionada pola Xunta de Galicia a través da AGADIC. Co apoio de Producciones Rokamboleskas, primeira compañía en montar esta peza e do Concello de Gondomar, onde tiveron lugar os ensaios.