En xira / En gira / On tour

1972

[GAL] 1972 é un proxecto de creación-mediación no que un grupo de adolescentes de Vigo -liderados por unha espectacular troupe de profesionais das artes escénicas da zona- investigan en escena un dos episodios máis importantes da loita obreira durante o franquismo, non só na cidade olívica se non na España da época: a impresionante folga xeral de 15 días que se desenvolveu en setembro de 1972, derivada das tráxicas xornadas que acabaran coa vida de dous obreiros meses antes en Ferrol.
Durante o proceso, o grupo de adolescentes e creadores organizaranse colectivamente para ‘bailar a loita’, intentando revivir cos seus corpos e voces a enerxía e o espíritu dun episodio do noso pasado do que non quedou nin unha soa imaxe para a posteridade; nin un só vídeo.
1972 é un proxecto educativo para xente nova interesada tanto nas artes escénicas como no pasado da súa cidade. Unha formación multidisciplinar en danza contemporánea, sonoplastia, texturas audiovisuais, iluminación creativa, dramaturxia documental e creación colectiva co obxectivo de xerar un espectáculo.

cadrado_1972_branca

[CAST] 1972 es un proyecto de creación-mediación en el que un grupo de adolescentes de Vigo -liderazgos por una espectacular troupe de profesionales de las artes escénicas de la zona- investigan en escena uno de los episodios más importantes de la lucha obrera durante el franquismo, no so en la ciudad olívica si no en la España de la época: la impresionante huelga general de 15 días que se desarrolló en septiembre de 1972, derivada de las trágicas jornadas que habían acabado con la vida de dos obreros meses antes en Ferrol.
Durante el proceso, el grupo de adolescentes y creadores se organizarán colectivamente para ‘bailar la lucha’, intentando revivir con sus cuerpos y voces la energía y el espíritu de un episodio de nuestro pasado del que no quedó ni una sola imagen para la posteridad; ni un solo vídeo.
1972 es un proyecto educativo para gente joven interesada tanto en las artes escénicas como en el pasado de su ciudad. Una formación multidisciplinar en danza contemporánea, sonoplastia, texturas audiovisuales, iluminación creativa, dramaturgia documental y creación colectiva con el objetivo de generar un espectáculo.

ACTIVIDADES PARALELAS
1) Conversatorio interxeracional: Diálogo entre os e as adolescentes e protagonistas da folga dentro do proceso de investigación.
2) Roteiro (en bus) polos lugares que marcaron a folga: dende PSA Citroen á Madroa.

Grupo de traballo | Georgito · Paovan · Iago TR. · Maverick · Azalia Mera · Bella · Noa Pena · María Lago · Nai T.G · Paula Arias · Antía Prada

FACILITADORES E FACILITADORAS
Dramaturxia | Esther F. Carrodeguas
Dirección | Xavier Castiñeira
Coreografía | Clara Ferrao
Sonoplastia | Juanma LoDo
Iluminación | Laura Iturralde
Videoescena | Borja Carvajal
Coordinación Pedagóxica | Pia Nicoletti

ENTIDADES CÓMPLICES:
·Unión Comarcal de CCOO de Vigo
·Fundación 10 de marzo (Santiago)
·IES Alexandre Bóbeda (Vigo)
·Sala Ártika (Vigo)
·Museo MARCO (Vigo)
·ESAD Galicia

1972 é unha coprodución de Teatro del Barrio, o Comisionado para a celebración dos 50 anos de España en Liberdade e ButacaZero.