[GAL] 1972 é un proxecto de creación-mediación no que un grupo de adolescentes de Vigo -liderados por unha espectacular troupe de profesionais das artes escénicas da zona- investigan en escena un dos episodios máis importantes da loita obreira durante o franquismo, non só na cidade olívica se non na España da época: a impresionante folga xeral de 15 días que se desenvolveu en setembro de 1972, derivada das tráxicas xornadas que acabaran coa vida de dous obreiros meses antes en Ferrol.
Durante o proceso, o grupo de adolescentes e creadores organizaranse colectivamente para ‘bailar a loita’, intentando revivir cos seus corpos e voces a enerxía e o espíritu dun episodio do noso pasado do que non quedou nin unha soa imaxe para a posteridade; nin un só vídeo.
1972 é un proxecto educativo para xente nova interesada tanto nas artes escénicas como no pasado da súa cidade. Unha formación multidisciplinar en danza contemporánea, sonoplastia, texturas audiovisuais, iluminación creativa, dramaturxia documental e creación colectiva co obxectivo de xerar un espectáculo.